Un total de 32 rapaces e rapazas de Boqueixón e Vedra, de idades comprendidas entre os 16 e os 18 anos, participaron do 5 ao 12 de xullo nun campamento de verán en Ibiza. Unha iniciativa que é froito dun intercambio xuvenil acordado entre os Concellos de Boqueixón, Vedra e Ibiza.
A través deste intercambio, un total de 25 mozos e mozas de Ibiza visitaron Galicia durante a última quincena de mes, onde non só coñeceron os encantos dos municipios de Vedra e Boqueixón, senón que fixeron saídas para coñecer algúns dos puntos máis importantes da comunidade: Santiago de Compostela, Rías Baixas… Nesta ocasión, foron 32 os mozos e mozas de Boqueixón e Vedra os que se desprazaron ata Ibiza, onde tiveron sete días para facer turismo pola illa, realizar actividades de ocio e deporte (como iren á praia ou iniciarse no piragüismo) ou para saborear a comida local.