Os Concellos de Boqueixón e Vedra organizan conxuntamente o campo de voluntariado “Unindo roteiros”, unha das actividades do programa “Correntes do Ulla”. Trátase dun campamento de voluntariado dirixido a mozos e mozas de ambos os dous municipios que ten un obxectivo: unir a ruta dos Pescadores coa de San Xoán da Cova.
Ademais de participar na sinalización, acondicionamento e promoción desta nova ruta, a mocidade desfrutará de excursión, descensos do Ulla en piragua, xornadas musicais, xornadas de praia e piscina… do 15 ao 26 de xullo.
Aqueles mozos e mozas de Boqueixón que desexen participar ou precisen de máis información, poden chamar ao 981 957 115 ou escribir a camposdetraballo.xuventude@xunta.gal.