O Concello de Boqueixón sumouse un ano máis á campaña de sensibilización «Liberdade de ser e sentir!», promovida dende a área de Igualdade da Deputación da Coruña. Co gallo da conmemoración hoxe do 28 de xuño , Día da diversidade sexual, aportamos por difundir unha mensaxe de igualdade, de defensa da diversidade e por visibilizar a importancia da tolerancia e o rspecto das persoas, independentemente da súa orientación sexual e identidade de xénero.
Polo respecto, a integración e a igualdade. Se desexas coñecer máis desta campaña «Liberdade de ser e sentir!», preme neste enlace.