A piscina municipal de Boqueixón abrirá a súa tempada de verán este venres 24 de xuño, se as condicións meteorolóxicas son propicias. As instalacións, emprazadas en O Forte, permanecerán abertas ao público ata o vindeiro 5 de setembro en horario de 15.00 a 21.00 horas, de luns a domingo. En caso de mal tempo, a piscina permanecerá pechada.
A entrada custará 3,71 euros. Os prezos dos bonos de 20 entradas son de 6.17 € (para menores ata 16 anos) e de 12,34 euros (para maiores de 16 anos). Ademais, ofrécense diferentes opcións de abonos familiares de 20 entradas: proxenitores / tutores: 15,43 euros, cunha cota de 6,17 euros para o primeiro fillo, de 3,09 euros para o segundo e de balde a partir do terceiro.
A adquisición dos bonos deberase facer previo pago ao Concello de Boqueixón no numero de conta ES68 2080 0320 2531 1000 0666. Despois entregarase o recibo ou xustificante de ingreso na piscina municipal, onde se retirará o abono.
Actividades complementarias
De xeito paralelo, a piscina municipal de Boqueixón acollerá de luns a venres polas mañás as actividades do programa de conciliación Verán Activo e os cursos de natación, dirixidos a escolares de Infantil e Primaria. Así mesmo, todos os mércores, de 17:30 a 20:00 horas, haberá servizo de bibliopiscina con libros para as familias e actividades para as crianzas. Deste xeito compleméntase a oferta de lecer destas instalacións municipais.