O Concello de Boqueixón informa de que Randstad selecciona operario/a de rede de augas para un contrato temporal na contorna de A Estrada (Pontevedra). Requisitos:
- Titulación: Formación Profesional de 2º Grao, preferiblemente na Rama Mecánica, Eléctrica ou Electrónica.
- Funcións: Mantemento preventivo e correctivo da depuradora de augas residuais.
- Valorable experiencia no sector da auga.
- Carné de conducir e vehículo propio.
- Residente en A Estrada ou arredores.
As persoas interesadas deben poñerse en contacto con Vanesa Casas, vía correo electrónico (vanesa.casas@randstad.es) ou no teléfono 981568360.