O Concello de Boqueixón informa de que a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía unha charla aberta sobre a factura da luz dentro da iniciativa “Venres de consumo responde”. A charla terá lugar este venres 17 de xuño, ás 12:30 horas, a través da aula virtual de consumo.
A participación é totalmente de balde, polo que calquera veciño ou veciña de Boqueixón que queira acceder a esta charla só ten que seguir estes pasos:
- Entrar na web do IGCC este venres a partir das 12.00 horas: https://consumo.xunta.gal/gl
- Facer click na imaxe «Venres de consumo»
- Entrarás nunha aula de Videoconferencia. Aquí tes dúas opcións:
- Se tes Webex instalado, uniraste directamente cando premas «Acceder»
- Se non tes Webex, preme «Unirse desde o navegador».