O Concello de Boqueixón abre o prazo de inscrición para os cursos de natación da tempada 2022. Serán en horario de mañá durante os meses de xullo e agosto nas instalacións das piscinas municipais do Forte. Van dirixidos a crianzas de entre 4 e 15 anos.
As persoas interesadas en participar nestas actividades deberán formalizar a súa solicitude presentando a ficha de inscrición (dispoñible neste enlace) e presentala por rexistro: a través da sede electrónica do Concello de Boqueixón (https://sede.boqueixon.gal/opencms/gl/) ou presencial na Casa do Concello. O prazo remata o 27 de xuño.
Os cursos dividiranse en grupos segundo a idade das crianzas participantes e as clases desenvolveranse en días alternos (luns-mércores e martes-xoves). Os grupos, horarios e número de participantes estableceranse de acordo ao número de participantes en cada un dos grupos de idade. Neste senso, é importante especificar na ficha de inscrición o nivel de destreza do/a neno/a (iniciación ou perfeccionamento) para a posterior confección por grupos.
O prezo dos cursos de natación infantil estivais é de 15 euros ao mes. Unha vez publicada na web a listaxe de nenos/as admitidos/as deberase abonar a contía mensual na conta ES68 2080 0320 2531 1000 0666. No concepto, deberase especificar “Natación-Mes+Grupo/Día+nome do/a neno/a”.
O resgardo de pago deberase remitir ao Departamento de Deportes (deportes@boqueixon.gal), sendo requisito imprescindible para poder iniciar a actividade. Unha vez efectuado o abono –en caso de querer darse de baixa-, non se reintegrará ningún importe sen causa debidamente xustificada.
Para solicitar más información, no Departamento de Deportes, no 636 731 721 ou en deportes@boqueixon.gal.
Adxuntos
- FICHA-INSCRICION-NATACION-2022 (176 kB)