O Concello de Boqueixón comparte contigo o libro que recolle as creacións literarias premiadas no VIII Certame de relato curto “Xosé Neira vilas”. Desfruta tanto dos textos gañadores nas súas respectivas categorías da man de Noa Méndez Picallo (“Viaxar non costa nada”), Nerea Rendo Sánchez (“Celtia, a pequena guerreira”) e Fátima de la Iglesia Lobato (“A canción de Limia”); como das finalistas das distintas categorías: Candela Suárez Méndez e Mara Prieto Fernández (Secundaria), Carolina Fernández Chas e Brais Torres Aldrey (5º e 6º de Primaria) e Sofía Liñares García e Nora Rouco González (3º e 4º de Primaria).
Lembramos que o xurado do VIII Certame de relato curto “Xosé Neira Vilas” estivo composto por Mª Rosario Golmar Saavedra, membro do padroado da Fundación Xosé Neira Vilas, Maria Fe Pérez García, profesora de Lingua e Literatura Galega do CPIP Antonio Orza Couto, Mª Sonia Rodríguez Varela, membro da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio e Rosario Iglesias Iglesias, técnica municipal de Cultura.
Adxuntos
- relatos cortos (2 MB)