As principais operadoras de telefonía móbil (Telefónica, Vodafone e Orange) anuncian que durante as próximas semanas realizarán en Boqueixón o proceso de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente. Iso permitirá aos veciños e veciñas de Boqueixón desfrutar de conexións móbiles de alta velocidade cunha mellor cobertura no interior dos edificios e unha maior extensión xeográfica.
Estas redes mellorarán a velocidade de conexión a Internet, proporcionarán significativas melloras tanto na velocidade de descarga como de envío de datos (fotos, música ou contidos audiovisuais de alta definición), sacar o máximo partido a aplicacións online (como os videoxogos), servizos de televisión, vídeo e música baixo demanda. No área empresarial, proporciona a utilización de aplicacións empresariais en mobilidade con alto contido multimedia ou o uso da videochamada, entre outros.
Iso si, a prestación destes servizos pode afectar á recepción da sinal de TDT dos veciños e veciñas de Boqueixón, xa que anteriormente se utilizaban esas bandas de frecuencia para o servizo de televisión. En caso de que se produzan estes problemas, o Concello de Boqueixón informa de que hai que dirixirse á empresa Llega700 chamando ao número de atención gratuíto 900 833 999 ou a través da web www.llega700.es.
Llega700 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos que garantirán a compatibilidade entre a posta en marcha da emisión móbil 4G e 5G nas bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, e a recepción do servizo de TDT. Para garantir esta compatibilidade, Llega700 presta aos cidadáns unha serie de servizos gratuítos que inclúe un procedemento correctivo tras o acendido das estaciones, polo que Llega700 se encargará de atender aos usuarios afectados xestionando e resolvendo posibles afectacións sen coste algún.
O despregue enmárcase no establecido no Real Decreto 579/2019, de 11 de outubro, a partir do cal se procedeu á liberación das frecuencias entre 694 e 790 MHz (canles 49 ao 60 de UHF) que ata entón se empregaban para a recepción da Televisión Dixital Terrestre, proceso tamén coñecido como Segundo Dividendo Dixital.