A Casa da Cultura de Camporrapado acollerá este domingo 5 de xuño, ás 12:00 horas, unha nova edición do Festival das Letras, previsto inicialmente para o pasado 15 de maio pero que tivo que ser adiado por razóns alleas ao Concello de Boqueixón. Ao igual ca entón, a participación é totalmente de balde, sendo necesario reservar praza en cultura@boqueixon.gal ou chamando ao 981 513 115.
O Festival das Letras dará comezo ás 12:00 horas coa posta en escena de Espantallo Amigo, por parte da compañía Os Quinquilláns Teatro. Trátase dunha entretida historia para toda a familia sobre un espantallo que, en vez de espantar aos paxaros, faise amigo dos animais e da rapazada. Unha divertida versión da obra de Xosé Neira Vilas.
Unha vez rematada a actuación, o alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, procederá á entrega dos premios do VIII Certame de Relato Curto Xosé Neira Vilas. Uns premios cuxo faio do xurado podes consultar aquí.