O Concello de Boqueixón colabora coa Federación de Asociación de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) e a Asociación de Persoas Xordas de Santiago de Compostela (APSS) na organización da actividade “Camiño de Santiago Xacobeo: camiñas unidas para vencer as barreiras”. Unha andaina con motivo do Xacobeo que terá lugar o 16 de xullo.
A ruta, de 16 quilómetros de lonxitude, dará comezo en Outeiro (Vedra) e percorrerá Boqueixón ata chegar á Catedral de Santiago. As persoas que non poidan realizar a etapa completa (menores, embarazadas, persoas maiores, persoas xordocegas e/ou con mobilidade reducida, etc) terán a opción de unirse no último tramo para completar a ruta e chegaren xuntos a Compostela.
As persoas xordas de Galicia interesadas en participar, deberán contactar coa súa asociación de referencia.