O Concello de Boqueixón informa de que o CFEA de Sergude organiza o curso “Cálculo e análise do custe de produción do leite”, que terá lugar o 17 de xuño, de 15:30 a 21:00 horas. As persoas interesadas en participar neste curso gratuíto deberán preinscribirse en: https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas.
O curso inclúe as seguintes temáticas:
- xestión técnica e xestión económica: conceptos básicos
- contabilidade analítica e os seus indicadores
- modelización da granxa: que é e como usala
- práctica de introdución de datos en cowsulting e modelización da granxa