O Concello de Boqueixón informa de que a empresa Randstad Santiago selecciona Comercial de solucións dixitais a empresas para Santiago e arredores. As características da oferta son:
Funcións:
- Venda e comercialización dos produtos e os servizos da empresa.
- Identificación e análise das necesidades dos clientes.
- Prospección e activación de novos clientes.
- Realización de propostas económicas.
- Garantir o cumprimento do plan comercial e consecución dos obxectivos marcados.
Ofrécese: contrato a xornada completa e salario en función da valía.
Requisitos:
- Imprescindible experiencia de polo menos 4 anos en vendas.
- Valorable en sector telefonía e telecomunicacións.
Beneficios:
- Contrato laboral a xornada completa. Flexibilidade horaria.
- Salario fixo + Comisións.
- Formación inicial e continuada por parte da compañía.
- Móbil, Tablet e Portátil.
- Posibilidade de coche de empresa a partir do primeiro trimestre.
- Oportunidade de desenvolverse profesionalmente nunha empresa líder e competitiva no mercado.
Inscricións: as persoas interesadas deben contactar con Vanesa Casas, da oficina de Randstad Santiago, a través do mail vanesa.casas@randstad.es ou do teléfono 981568360.