O Concello de Boqueixón informa de que o Festival das Letras, inicialmente previsto para este domingo 15 de maio, queda aprazado ata o domingo 5 de xuño. O programa mantense igual, con cambios no horario. Así, o Festival das Letras 2022 dará comezo ás 12:00 horas do domingo 5 de xuño na Casa da Cultura de Camporrapado, onde o grupo de teatro Os Quinquilláns porá en escena “Espantallo amigo”, unha peza inspirada nun texto de Xosé Neira Vilas. Para participar é necesario anotarse previamente en cultura@boqueixon.gal ou no teléfono 981 513 115.
Unha vez rematada a actuación teatral, o alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández Munín, presidirá o acto de entrega de premios do VIII Certame de Relato Curto Xosé Neira Vilas. Podes consultar a acta do xurado coas persoas premiadas neste enlace.