O Concello de Boqueixón conmemora hoxe, 12 de maio, o Día Internacional da Fibromialxia e da Síndrome de Fatiga Crónica, unha enfermidade reumatolóxica que se caracteriza por unha dor xeralizada dos músculos e os ósos que, ademais, xera un cansancio persistente. Na actualidade afecta a entre un 2 e un 7% da poboación, sendo máis común entre mulleres de entre 20 e 50 anos de idade, porén tamén poden sufrila homes e crianzas.
Desde o Concello de Boqueixón queremos concienciar sobre esta enfermidade, da cal pouco se coñece, solidarizarnos coas persoas que a padecen e abogar por seguir traballando para paliar a súa situación de especial vulnerabilidade.
Máis información: