O Concello de Boqueixón informa desta oferta de empregada do fogar para tarefas de cociña, limpeza e acompañamento a unha persoa maior en Sergude. O horario previsto é de luns a venres de 10.00h a 14.00 horas (posibilidade de adaptar o horario de saída un pouco antes ou despois). A duración do contrato sería ata xuño con posibilidade de ampliación.
TAREFAS A DESENVOLVER:
- Supervisar que a persoa prepara o almorzo e toma as mediciñas.
- Dar un paseo pola zona duns 20-30 min.
- En función do día: acompañar ao médico, perruquería, preparar medicación, podólogo…
- Tarefas de limpeza e mantemento do fogar.
- Preparación da comida.
REQUÍRESE:
IMPRESCINDIBLE:
- Carné de conducir e vehículo propio.
- Responsabilidade, capacidade de organización e resolución, empatía e axilidade.
- Que lle gusten os cans (hai un can na casa).
VALÓRASE:
- Residir cerca da zona.
- Experiencia previa no acompañamento a persoas maiores e tarefas do fogar.
- Persoa alegre e extrovertida.
- Dispoñibilidade horaria para posibles urxencias (non é imprescindible)
As persoas interesadas poden enviar seu CV a: beatrizlorenzoparedes@gmail.com indicando oferta de coidadora-limpiadora.