O Concello de Boqueixón informa de que, dentro do marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, se convocan subvencións para a formación de traballadores que estivesen ou estean afectados por expedientes de regulación temporal de emprego ERTE. O obxecto desta convocatoria é financiar programas de formación destinados á recualificación de persoas traballadoras que estivesen ou estean incluídas en expedientes de regulación temporal de emprego.
Os destinatarios son o conxunto das persoas asalariadas de todos os sectores que atravesasen unha crise de actividade, con independencia da súa causa e medida aplicada, desde a suspensión temporal da relación laboral á redución da xornada. Trátase dunha convocatoria de ámbito estatal cuxa programación, xestión e control recae no Servizo Público de Emprego Estatal e cuxa tramitación se realiza a través da Fundación para a Formación no Emprego (Fundae).
Para que as empresas interesadas poidan acceder a esta formación sen coste ao longo do ano 2022 é necesario reservar o dereito a participar destes cursos oficiais antes do 24 de maio. Isto, se realiza tan so asinado a adhesión a través da cal expresa a intencionalidade de realizar esta formación. Isto non quere dicir que sexa obrigatorio realizala se máis tarde decide non facela, pero se non formaliza a solicitude de adhesión en prazo, si que perde o dereito a participar.
As persoas que estean interesadas teñen que asinar a adhesión e enviar unha foto da mesma asinada ao seguinte número de WhatsApp 644525272. (Xúntase o impreso de adhesión). Tamén hai plans de formación de hostalería gratuítos.
Adxuntos
- Adhesion (85 kB)