O auditorio da Casa da Cultura de Camporrapado quedou pequeno para acoller a volta aos escenarios do Club de Maiores de Boqueixón despois de dous anos de pandemia sanitaria. Foi este venres 7 de maio e a obra escollida foi “Un morto moi vivo”, unha divertida comedia de enredo dirixida por Ramón Molina e interpretada por unha vintena de veciños e veciñas do municipio, cunha idade media entre os 70 e os 75 anos. Os integrantes do Club de Maiores de Boqueixón recolleron en forma de aplausos o pago a varios meses de intenso traballo e ensaios.
- Categoría (s): Boqueixon, CULTURA
- Publicada o