O Concello de Boqueixón fai público a acta do fallo do xurado do VIII Certame de relato curto “Xosé Neira Vilas”, composto por Mª Rosario Golmar Saavedra, membro do padroado da Fundación Xosé Neira Vilas, Maria Fe Pérez García, profesora de Lingua e Literatura Galega do CPIPAntonio Orza Couto, Mª Sonia Rodríguez Varela, membro da Asociación Cultural Mestre Manuel Gacio e Rosario Iglesias Iglesias, técnica municipal de Cultura. Os premios entregaranse durante o Festival das Letras, que terá lugar este domingo 15 de maio, a partir das 10:30 horas, na Casa da Cultura de Camporrapado. Parabéns todos os nenos e nenas gañadores.
Adxuntos
- CertameRelatoCurto (38 kB)