O Concello de Boqueixón informa de que Eurofirms busca cociñeiro/a para cafetería de hotel emprazado en Santiago de Compostela (A Coruña). As características da oferta son:
Descrición: A posición do traballo é a cociña da cafetería dun prestixioso hotel emprazado en Santiago de Compostela. A persoa seleccionada encargarase de realizar pratos dunha carta simple: hamburguesas, sandwich, ensaladas, croquetas… polo tanto empregará fritideiras e pranchas. Necesario experiencia previa en postos similares e valorable residencia próxima ao posto de traballo.
Funcións:
- Elaboracións de menús simples.
- Inventario de provisións.
- Mantemento da orde e limpeza do lugar de traballo.
- Manipulación de alimentos.
- Entre outras propias do posto.
Requisitos:
- Experiencia mínima dun ano en postos similares.
- Búscase a unha persoa dinámica e proactiva.
- Valorable residencia próxima ao posto de traballo.
Formación: GM/GS en rama de hostalería.
Horario: de 12:30h. ás 16:00h. y de 19:30h. ás 23:30h, aproximadamente, distribuído en cinco días á semana con descanso de dous días continuados
Salario: a concretar
Inscricións: as persoas interesadas terán que remitir o CV a santiago@eurofirms.com ou poden inscribirse directamente na oferta neste enlace: