O Concello de Boqueixón informa de que a Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía a iniciativa «Venres de consumo responde». Así, este venres 29 de abril, ás 12:30 horas, terá lugar unha charla aberta sobre como reclamar empregando o asistente de reclamacións de Consumo.
Se queres aprender a presentar as túas reclamacións so tes que participar nesta aula virtual de consumo este venres ás 12:30 horas. Para entrar á charla só tes que:
- Entrar na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
- Facer click na imaxe da esquerda que pon «Venres de Consumo Responde»
- Entrarás na aula de videoconferencia. Aquí deberás pulsar «Videoconferencia» e elixir:
- se tes instalado Webex, premerás a ligazón que aparece na páxina.
- se non tes Webex, a páxina descargará o programa no teu dispositivo. Aí poderás elixir entre instalar o Webex e entrar na aula virtual ou non instalalo e premer en «Únase desde o navegador».