O Concello de Boqueixón informa de que a Deputación da Coruña abrirá mañá mércores o prazo de inscrición nos seus Campamentos de Verán 2022, que estará aberto ata o 20 de maio. Boqueixón conta con 4 prazas para a segunda quenda, que terá lugar do 3 ao 8 de xullo no IES Rosalía Mera, onde a rapazada desfrutará dunha ampla variedade de actividades deportivas, culturais e de lecer, canda estancia e manutención.
No suposto de que se presenten máis de 4 solicitudes, o Concello de Boqueixón fará un sorteo público diante do secreatrio do Concello para adxudicar as prazas. Poderán participar no campamento nenos/as de Boqueixón, nados entre o 1 de xaneiro de 2008 e o 31 de decembro de 2013, que aboarán 85 euros como cota de participación unha vez teñan a praza asegurada.
Os prazos a seguir durante a campaña 2022 son:
- do 13 de abril ao 20 de maio, prazo para facer as inscricións dos nenos/as no Concello de Boqueixón, de xeito presencial no Rexistro Xeral ou a través da sede electrónica
- do 23 ao 26 de maio sortearanse as prazas, no caso de haber máis peticións ca prazas concedidas. Terán prioridade os nenos/as que nunca asistiran a campañas de verán.
Para calquera dúbida ou aclaración, basta con poñerse en contacto co Departamento de Deportes de Boqueixón no teléfono 636 731 721 ou no mail deportes@boqueixon.gal. Toda a información que se vaia engadindo á actividade incorporarase á web municipal.