O Concello de Boqueixón organiza durante as vacacións escolares de Semana Santa a iniciativa “IgualArte, obradoiros en igualdade”, diferentes talleres lúdicos e creativos que sensibilizan á rapazada en favor da igualdade. As actividades desenvolveranse nas instalacións municipais do Forte e no CPIP Antonio Orza Couto os días 11, 12, 13 e 18 de abril. O horario de entrada será de 9:00 a 10:00 horas e o de saída será de 13:30 a 14:00 horas.
Os obradoiros están dirixidos a nenos e nenas en idade escolar, é dicir, entre 3 e 12 anos de idade. Así mesmo, a participación na actividade é totalmente gratuíta. O prazo de inscrición estará aberto do 1 ao 8 de abril enviando un e-mail a cultura@boqueixon.gal indicando: nome e apelidos, idade, parroquia e teléfono de contacto. O número de prazas é limitado.
“IgualArte, obradoiros en igualdade” está organizada polo Concello de Boqueixón e subvencionada con fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e o Ministerio de Igualdade, polo que a participación é de balde.