O Concello de Boqueixon vén de colaborar, xunto coa Deputacion de A Coruña, a ANPA e o departamento de Educación Física do CEIP Antonio Orza, na organización dunhas xornadas de defensa persoal para os alumnos e alumnas de Secundaria. Unhas xornadas nas que se puxo de relevancia a importancia da prevención e da denuncia de calquera tipo de violencia, xa sexa verbal, de acoso ou intimidación, e tamén de violencia de xénero. Unha vez chegados a un punto de progresións na escala de violencia, ensináronse técnicas de contención e de defensa ante un agresor e en diferentes escenarios. Os encargados de impartir as sesións foron instrutores da Escola Judo Club Boqueixón.
- Categoría (s): Boqueixon, DEPORTES, OMIX
- Publicada o