O Concello de Boqueixón, en colaboración coa Fundación Neira Vilas e o CPI Antonio Orza Couto, organiza o VIII Certame de Relatos “Xosé Neira Vilas” para potenciar a lectura e a creatividade literaria e promover a lingua galega escrita como medio de creación e comunicación. Un certame aberto a rapaces e rapazas de Boqueixón ou que cursen estudos no municipio no que haberá tres categorías: 3º e 4º de Primaria, 5º e 6º de Primaria e Secundaria.
A temática é libre, se ben os traballos terán unha extensión mínima de 40 liñas (nas dúas primeiras categorías) e de 60 liñas (para os de Secundaria), tomando como referencia unha Calibri 12.
Os traballos serán orixinais, inéditos e de autoría propia, escritos a ordenador e en galego. Debe conter un título, podendo incluír ilustracións.
Os traballos deberán entregarse antes do 21 de abril na biblioteca municipal ou no CPI Antonio Orza Couto. Para garantir o anonimato, cada traballo irá identificado coa categoría á que opta (1ª, 2ª, 3ª) e un pseudónimo (nunca nome real). Nun sobre pechado, que irá grampado ao texto, introducirase a ficha de participación cos datos correspondentes.
O xurado estará composto por catro persoas en representación do Concello, do CPI Antonio Orza Couto, da Fundación Neira Vilas e do ámbito cultural municipal. O seu fallo, de carácter inapelable, farase público a través da web municipal e comunicarase persoalmente aos/as galardoados/as.
A entrega de premios terá lugar nun acto con motivo do Día das Letras Galegas 2022. Haberá tres premios por categoría: diploma, libro editado e un vale por material escolar de 125, 100 e 75 euros, respectivamente.
Consulta as bases.
Adxuntos
- Bases VIIICERTAME DE RELATOS (170 kB)