O campo de fútbol do Forte acolleu este domingo 27 de marzo unha nova sesión do programa da Federación Galega de Rugby de detección de talentos femininos nas categorías M18 e M16. Unha sesión dirixida polas seleccionadoras Vanesa Rial e Mariana C. Romero, en colaboración co Departamento de Deportes do Concello de Boqueixón.
A actividade forma parte da política de colaboración coas distintas federacións para promover as distintas modalidades deportivas no noso municipio. Neste sentido, dende o Departamento de Deportes agradecen a disposición amosada pola Federación Galega de Rugby para desenvolver algunha campaña máis específica de promoción deste deporte en Boqueixón.