O Concello de Boqueixón informa de que xa está aberto o prazo para solicitar as axudas para a renovación de electrodomésticos nos fogares convocadas pola Xunta de Galicia ao abeiro do programa Galicia Renova Electrodomésticos. O Goberno autonómico activará 2 millóns de euros en apoios, que poderán acadar o 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral e do 50 ou 75% para consumidores con máis dificultades, polo que se calcula que as axudas serán de entre 100 e 450 euros.
Son subvencionables as seguintes tipoloxías de electrodomésticos:
As actuacións que se subvención son a renovación de electrodomésticos en vivendas situadas en Galicia e que cumpran os seguintes requisitos:
- É subvencionable a renovación de electrodomésticos de las tipologías indicadas (ver cadro), por outros novos da mesma tipoloxía e con etiqueta de clasificación enerxética indicadas, segundo a clasificación vixente a partir de marzo de 2021 (Regulamento UE 2017/1369 do Parlamento Europeo e do Consello), a renovación de Frigorífico e frigorífico – conxelador con clasificación enerxética A, B, C e D, Conxelador con clasificación enerxética A, B, C e D, Lavadora A, B e C, Lavalouzas A, B e C, Encimeras de inducción total, por outros novos da mesma tipoloxía e con etiqueta de clasificación enerxética igual ou superior . No caso das encimeras son subvencionables so as de tecnología de inducción total. Para acceder á subvención hai que entregar o electrodoméstico retirado a un xestor autorizado.
- Poderán ser beneficiarios das subvencións as persoas físicas que realicen algunha das actuacións subvencionables nunha vivenda situada na Comunidade Autónoma de Galicia. Para ser beneficiario terá que tramitar a súa solicitude a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren no listado que se publique na páxina web do Inega, www.inega.gal.
- A cuantía dos electrodomésticos subvencionables non poderá ser superior ao 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, do 50% para consumidores vulnerables e do 75% para consumidores vulnerables severos.
O Plan Renove de Electrodomésticos finalizará o 30 de setembro de 2022, sempre e cando existan fondos (que este ano é de 2 millóns de euros). Máis información: