UFD Distribución Electricidad SA, empresa do grupo Naturgy, vén de comunicarlle ao Concello de Boqueixón a súa intención de acometer labores de xestión da biomasa no termo municipal. Iso significa que as persoas propietarias dos terreos por onde pasan as liñas desta empresa (sinaladas en vermello e verde no plano adxunto) deben telos limpos nunha franxa de 5 metros. En caso contrario, transcorridos 15 días da publicación deste aviso, a empresa procederá a realizalas pola súa conta.
Este aviso ten lugar en cumprimento da Lei 12/2021 de montes de Galicia, que recolle que nas liñas de distribución de enerxía eléctrica deberá xestionarse a biomasa nunha franxa de 5 metros desde a proxección dos condutores eléctricos máis externos, considerando a súa desviación máxima producida polo vento segundo a normativa sectorial vixente. Ademais, na devandita franxa non poderá haber árbores das especies indicadas na disposición transitoria tercera da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Por todo isto, a empresa adxuntou os planos correspondentes ao trazado das liñas onde se van realizar os labores de xestión da biomasa para que se publiquen no tablón de edictos do Concello e a efecto de que os propietarios dos terreos, se é do seu interese, poidan executalas previamente.
Se trascorridos 15 días desde esta publicación a persoa propietaria do terreo non efectuara as labores de xestión da biomasa indicadas, UFD Distribución Electricidad SA.
Adxuntos
- Mapa Boqueixon (8 MB)