O Concello de Boqueixón informa de que Eurofirms selecciona camareiros/as de eventos para recoñecido hotel de luxo emprazado en Santiago de Compostela. As persoas seleccionadas realizarán as seguintes funcións:
- Servizo a comensais e clientes.
- Montaxe de eventos.
- Limpeza e orden do enxoval.
- Servizo con bandexa.
Requisitos:
- Experiencia como camareiro/a de eventos.
- Buscamos unha persoa dinámica e proactiva.
- Valorable residencia cercana ó posto de traballo.
Formación:
- ESO finalizada.
- Valorable GM/GS en Hostalería ou similar.
Horario: rotativo. Xornada completa ou parcial entre luns e domingo, cos descansos establecidos por lei.
Salario: a concretar.
Poboación: Santiago de Compostela.
Inscricións: directamente a través deste enlace ou enviando o CV a santiago@eurofirms.com.