O Concello de Boqueixón informa de que o DOG de hoxe publica as bases reguladoras para a concesión do bono turístico #QuedamosEnGalicia22. O bono turístico #QuedamosenGalicia22 concíbese como unha tarxeta prepagamento de carácter persoal e intransferible, financiada entre o solicitante e a Administración autonómica. O importe total da tarxeta será financiado pola persoa beneficiaria nun 60%, cun importe máximo de 300 euros, e contará cunha achega complementaria da Administración autonómica do 40%, cun importe máximo por tarxeta de 200 euros. Iso si, ten que utilizarse en establecementos de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes abrirase ás 0:00 horas do luns 21 de marzo e permanecerá aberto ata o 2 de maio a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. O obxecto desta iniciativa, promovida pola Axencia de Turismo de Galicia, é impulsar un dos sectores máis afectados pola pandemia, o turístico.
Máis información en:
- DOG
- Turismo de Galicia