O Concello de Boqueixón informa de que a Deputación da Coruña ten aberto ata as 14:00 horas do vindeiro 22 de marzo o prazo de solicitude de espectáculos da Rede Cultural 2022 que, no seu programa Alicerce, tamén permite que asociacións sen ánimo de lucro da provincia contraten propostas artísticas non profesionais.
Unha vez pechado o prazo de inscrición de espectáculos, as asociacións sen ánimo de lucro de Boqueixón que o desexen poderán elixir entre 379 propostas de grupos de música, danza e teatro. Máis información neste enlace e tramitación das solicitudes premendo neste enlace.