O centro de interpretación do Pico Sacro acollerá este domingo 20 de marzo, ás 18:00 horas, o espectáculo «Do Cairo ao Pico Sacro», organizado pola asociación cultural Mestre Manuel Gacio. Un evento no que contaremos cun recital músico-poético a cargo de Xosé Luna e Sofía Silva: «Camiñando e recitando coa sobra do Pico Sacro agardando». A música correrá a cargo do Grupo Larada (pandereteiras) e o acordeón de Xosé M. Silva.
«Do Cairo ao Pico Sacro» é un evento organizado pola AACC Mestre Manuel Gacio en colaboración co Concello de Boqueixón, Xunta de Galicia, Xacobeo 21-22, Deputación da Coruña e Ramsa.