O Concello de Boqueixón recolle o comunicado conxunto coas recomendacións para axudar á poboación ucraína dun xeito eficaz acordado polas seguinte entidades: Xunta de Galicia, Fegamp, Coordinadora Galega de ONGD, Farmacéuticos Mundi, Médicos del Mundo, UNICEF, Cruz Vermella, Educo, Entreculturas, ACNUR, Axuda en Acción, Movimiento por la Paz, el desarme y la libertad e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- A solidariedade é, sen dúbida, unha das características máis relevantes da cidadanía galega
- Na actual crise provocada polo conflito bélico en Ucraína, unha vez máis, as mostras de solidariedade son constantes. Nestes días estamos a recibir numerosos ofrecementos de axuda, gran parte delas consistentes en doazóns en especie de materiais.
- En situacións como a actual faise máis necesario, se cabe, que a axuda humanitaria chegue ás persoas que o necesiten sen prexudicar os mercados e canles locais, sen poñer en perigo nin aos actores humanitarios nin á poboación beneficiaria e tratando de minimizar o impacto medioambiental.
- As organizacións humanitarias especializadas no terreo son as encargadas da avaliación das necesidades, que varían en cada momento, para adecuar os seus chamamentos de axuda. Neste senso, os bens materiais doados en Galicia poden resultar non adecuados ás necesidades da poboación e da situación humanitaria e loxística no terreo.
- Os bens doados de xeito particular están a supoñer custos administrativos e dificultades loxísticas engadidas (transporte, recepción, almacenamento, distribución, etc) para as institucións que as xestionan.
- Ademais, a doazón internacional dalgúns produtos, como os medicamentos, está sometida a uns estritos protocolos que restrinxen as doazóns por parte de particulares.
- Actualmente é difícil a garantía de corredores humanitarios estables que permitan a distribución e acceso seguros, pese aos esforzos de negociación das organizacións de carácter humanitario coas partes en conflito.
- Os problemas desta crise humanitaria manteranse ao longo do tempo e as axudas serán necesarias non só neste momento do conflito, senón ao longo da súa duración, así como na etapa de reconstrución.
- Agradecemento estes ofrecementos brindados á poboación afectada por esta crise humanitaria, en consonancia coa Oficina de Acción Humanitaria (OAH) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID), recomendamos que a nosa solidariedade sexa canalizada a través de axudas económicas dirixidas ás ONGD internacionais humanitarias presentes na zona mostrando a nosa confianza na súa xestión.
Polo tanto:
1.- Recomendamos canalizar a axuda da cidadanía a través de doazóns económicas mediante as diferentes Organizacións Non Gubernamentais (ONGD) Humanitarias que traballan na zona, así como a través de organismos humanitarios especializados. As seguintes organizacións/organismos que traballan no terreo fixeron chamamentos para realizar doazóns:
- Médicos del Mundo: https://www.medicosdelmundo.org/ayuda-ucrania
- Entreculturas: https://www.entreculturas.org/es/home
- Educo: https://www.educo.org/landing/emergencia-ucrania
- Farmacéuticos Mundi: https://farmaceuticosmundi.org/solidaridad-con-ucrania/
- Ayuda en Acción: https://colabora.ayudaenaccion.org/espana/es/emergencia-ucrania
Para máis información pódese consultar: https://galiciasolidaria.org/como-apoiar-a-poboacion-na-ucraina/
- Cruz Vermella: Chamamento da Federación Internacional da Cruz Vermella e a Media Lúa Vermella e do Comité Internacional da Cruz Vermella, canalizado a través da Cruz Vermella Española: https://cruzvermella.gal/
- UNICEF: chamamento do Fondo das Nacións Unidas para a Infancia. https://www.unicef.es/ayuda-ucrania?lc=9923&fc=9923
- ACNUR (Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados): https://eacnur.org/es/crisis-ucrania
Para máis información sobre chamamentos doutros organismos internacionais pódese consultar:
2.- Desaconsellamos as doazóns en especie, ao resultar menos eficiente este tipo de axuda e constituír unha mala práctica no ámbito da axuda humanitaria.
A maiores deste comunicado, dende o Concello de Boqueixón informamos tamén que no BOE de hoxe xoves se publica a orde que desenvolve o procedemento para o recoñecemento da protección temporal a persoas afectadas polo conflito en Ucraína: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2022-3715
Finalmente, poden atopar máis información no Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións: