A praza do Concello de Boqueixón acolleu este mediodía unha concentración na que se gardaron cinco minutos de silencio en solidariedade con Ucraína, unha iniciativa promovida pola Federación Española de Municipios e Provincias á que se adheriron numerosos municipios de toda España. A Xunta de Galicia xa puxo a disposición do Goberno de España un milleiro de prazas de acollida das que 584 proceden de centros da Administración autonómica, 256 foron achegadas por concellos galegos a través da Fegamp e outras 139 proceden de entidades sociais.
Neste sentido, lembramos que o Concello de Boqueixón ten creado un “Rexistro municipal de familias de acollida para persoas refuxiadas” co obxecto de axudar ás persoas e familias desprazadas de Ucraína . Neste rexistro figurarán todas aquelas persoas de Boqueixón que desexen acoller algunha persoa ou familia ucraína ou que estean dispostas a poñer algún tipo de piso ou casa á súa disposición. Para formar parte deste rexistro só hai que poñerse en contacto co Concello de Boqueixón chamando ao 981 513 061 ou por mail: alcaldia@boqueixon.gal.
Así mesmo, o Concello de Boqueixón informa de que dende a Fegamp aconsellan non facer nestes momentos ningún tipo de recollida de alimentos e material humanitario, debido á imposibilidade de asegurar a súa correcta distribución. No caso de que haxa algunha colecta en marcha, aconsellan reservar todo o recollido para ser distribuído entre a poboación ucraína que sexa acollida en Galicia.
Por último, a Secretaría de Estado de Cooperación Internacional informa das principais vías de canalización de achegas económicas a ONG e organimos internacionais despregados en Ucraína:
- Comunicado de la Coordinadora española de ONGD:
- Llamamiento de la Federación Internacional de la Cruz Roja y la Media Luna Roja y del Comité Internacional de la Cruz Roja: https://www.icrc.org/es/donate/crisis-en-ucrania
- ACNUR (Agencia de Naciones Unidas para los Refugiados): https://eacnur.org/es/crisis-ucrania?UTM_source=abtasty&utm_medium=bubble