O Concello de Boqueixón informa dun cambio de data na entrega dos títulos de propiedade da zona de concentración parcelaria de San Vicente de Boqueixón e San Lourenzo de Granxa. O Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial do Medio Rural da Coruña entregará os títulos os días 23 e 24 de marzo, de 10:00 a 14:00 horas, no local social de A Granxa (Campo da Festa da Granxa, Ardillero Pequeno sn. Boqueixón).
Os títulos poderán ser retirados polas persoas interesadas, ou outra persoa no seu nome presentando o DNI da persoa que o retira e a autorización do propietario. Os títulos de propiedade que non se recollan estarán a disposición das persoas interesadas no Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial do Medio Rural (Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 6º andar- A Coruña), dende o día seguinte.
Como consecuencia da Covid-19, deberanse estremar as medidas de prevención, polo que: se dispensará xel hidroalcohólico á entrada e á saída do local; será obrigatorio o uso de máscaras e deberá gardarse unha distancia física interpersoal mínima dun metro e medio.
Adxuntos
- autorización CP (53 kB)