A Asociación Cultural da Filloa aproveitou un descanso da verbena nocturna da XXXIX Festa da Filloa de Lestedo para entregar os premios da segunda edición do certame fotográfico “Filloarte”, no que 38 propostas competiron por sacar as mellores fotos deste manxar.
A novidade deste ano foi a creación dunha dobre categoría de premios: a popular, que se decidiría vía ‘likes’ no Facebook oficial da Festa da Filloa de Lestedo, e a categoría correspondente a un xurado formado por profesionais do mundo da fotografía. Na categoría popular o primeiro premio foi para Esteban Viéitez e o segundo para Sara Cernadas. O xurado profesional outorgoulle o primeiro galardón a Cristina Lareo e o segundo a Paula Castillejo.
Os dous primeiros clasificados recibirán unha noite nas Cabanas de María Manuela Enoturismo mentres que os dous segundos degustarán unha cea no Restaurante O Balado, cuxo cociñeiro, Roberto Filgueira, figura no grupo NOVE e posúe unha estrela verde polas súas habilidades culinarias.