Boqueixón inicia este venres 4 de marzo cun total de 19 casos positivos por Covid, un máis ca na xornada anterior, e 30 casos diagnosticados nos últimos catorce días, un menos ca onte. Uns datos que amosan a estabilidade á que ten chegado a enfermidade no municipio nesta última semana.
A nivel galego, hai un pequeno repunte de casos. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 16.933 deles 3.246 son da área da Coruña, 2.131 da de Lugo, 2.057 da de Ourense, 2.023 da de Pontevedra, 3.343 da área de Vigo, 3.096 da de Santiago e 950 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 29 están en UCI, 391 en unidades de hospitalización e 16.513 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 483.012 persoas curadas, rexistrándose 3.118 falecementos.