O Concello de Boqueixón crea un “Rexistro municipal de familias de acollida para persoas refuxiadas” co obxecto de axudar ás persoas e familias desprazadas de Ucraína debido ao conflito bélico que se vive no país. Neste rexistro figurarán todas aquelas persoas de Boqueixón que desexen acoller algunha persoa ou familia ucraína, ou que estean dispostas a poñer algún tipo de piso ou casa á súa disposición. Se é o teu caso, ponte en contacto co Concello de Boqueixón chamando ao 981 513 061 ou por mail: alcaldia@boqueixon.gal.
Estes datos serán postos a disposición do Goberno do Estado, a Xunta de Galicia e a Fegamp no caso de que se organice algún tipo de programa de acollemento de persoas ucraínas refuxiadas. Así mesmo, o Concello de Boqueixón outorgaría prioridade e gratuidade para o acceso destas persoas refuxiadas a servizos municipais (educación, cultura, lecer…).