Días de sube e baixa nas estatísticas de casos diagnosticados por Covid en Boqueixón. Se onte falabamos dunha baixada, hoxe mércores 2 de marzo toca falar dunha nova suba: catro novos casos que deixan en 18 o número de positivos por Covid no municipio. A incidencia a catorce días mantense máis estable, se ben medra nun caso ata os 31.
Onde non paran de descender os casos é a nivel galego. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que o número activos de coronavirus en Galicia é de 16.109 deles 3.202 son da área da Coruña, 2.007 da de Lugo, 1.876 da de Ourense, 1.858 da de Pontevedra, 3.232 da área de Vigo, 2.874 da de Santiago e 963 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 29 están en UCI, 390 en unidades de hospitalización e 15.690 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 480.510 persoas curadas, rexistrándose 3.111 falecementos.