Despois de dúas semanas de continuas baixadas, este luns 28 de febreiro trae consigo a mala nova dun incremento de 5 casos positivos en Boqueixón, que pasa de 11 a 16 casos activos nos últimos sete días. A incidencia a 14 días tamén medra, pasando de 34 a 25 casos diagnosticados.
Pola contra, Galicia continúa coa tendencia á baixa e rexistra 18.068 casos activos, catro mil menos co pasado venres. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.068 deles 3.717 son da área da Coruña, 2.238 da de Lugo, 2.153 da de Ourense, 1.990 da de Pontevedra, 3.553 da área de Vigo, 3.183 da de Santiago e 1.104 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 26 están en UCI, 434 en unidades de hospitalización e 17.608 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 476.055 persoas curadas, rexistrándose 3.105 falecementos.