Este venres 25 de febreiro deixa unha nova alta no Concello de Boqueixón que, a día de hoxa, conta con tan so 11 casos positivos. A incidencia a 14 días tamén mantén o ritmo descendente, nesta ocasión con 2 alta máis, de forma que hai so 34 casos diagnosticados.
Unha ralentización que tamén se pode observar a nivel Galego, que pasou de descender de 5.000 en 5.000 cas0s ao ritmo actual, de apenas uns centos de baixas. Así, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 22.395 (fronte aos 22.477 de onte). Deles 4.668 son da área da Coruña, 2.774 da de Lugo, 2.645 da de Ourense, 2.353 da de Pontevedra, 4.510 da área de Vigo, 3.930 da de Santiago e 1.297 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 461 en unidades de hospitalización e 21.909 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 468.679 persoas curadas, rexistrándose 3.090 falecementos.