Doce casos positivos nos últimos 7 días, un menos ca onte, e mesmo número de casos diagnosticados a 14 días: 36. Estes son os datos que a Consellería de Sanidade ofrece hoxe, xoves 24 de febreiro, sobre a evolución da pandemia en Boqueixón. Datos moi esperanzadores de cara a recuperar progresivamente a normalidade.
A nivel galego, o descenso tamén é constante, se ben a menor ritmo ca semanas anteriores. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 22.477 deles 4.724 son da área da Coruña, 2.702 da de Lugo, 2.679 da de Ourense, 2.392 da de Pontevedra, 4.527 da área de Vigo, 3.918 da de Santiago e 1.307 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 25 están en UCI, 484 en unidades de hospitalización e 21.968 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 466.919 persoas curadas, rexistrándose 3.086 falecementos.