Din que o 13 é un número que trae mala sorte pero cando se trata da cifra de positivos Covid máis baixa en Boqueixón dende o ano pasado… benvida sexa!!! E é que esta xornada de mércores 23 de febreiro trouxo un descenso de 3 positivos nos casos a 7 días e doutros 6 nos casos diagnosticados a dúas semanas, que se baixan ata os 36.
Unha tendencia á baixa que é seguida tamén polo conxunto de Galicia. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 22.834 deles 4.910 son da área da Coruña, 2.672 da de Lugo, 2.766 da de Ourense, 2.454 da de Pontevedra, 4.555 da área de Vigo, 3.935 da de Santiago e 1.307 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 29 están en UCI, 535 en unidades de hospitalización e 22.270 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 464.890 persoas curadas, rexistrándose 3.082 falecementos.