O Concello de Boqueixón amosa o seu pesar pola morte hoxe do actor e cómico Pedro Brandariz, que tantos bos ratos ten feito pasar aos veciños e veciñas do municipio nas súas diferentes actuacións. Especialmente recordado é o seu papel como o sacerdote don Alonso Valladares nas visitas teatralizadas a Ponte Ledesma promovidas polos concellos de Boqueixón e Vila de Cruces para revivir as batallas napoleónicas.
Brandariz, de 44 anos, faleceu tras sentirse indisposto xusto antes de saír ao escenario no CEIP de Calo, onde estaba presentando o seu último espectáculo de narración oral: “Os poderes de Rosalía”.