A Escola Infantil Municipal Raíña Lupa de Boqueixón abre do 1 ao 31 de marzo o prazo de solicitude de prazas de novo ingreso e renovación. Unha oferta dirixida a nenos e nenas que teñan cumprido 3 meses na data de ingreso e non teñan cumprido os tres anos con data 31 de decembro de 2022. A documentación a achegar coa solicitude, que se pode descargar na Sede Electrónica de Boqueixón, é a seguinte:
Documentación xustificativa da situación familiar:
- Libro de familia.
- Documento de identidade do pai, nai, titores/as ou representantes legais.
- Titulo de familia numerosa se é o caso.
- Volante de convivencia expedido polo concello, no cal se fará constar a data de alta no padrón de habitantes que, en todo caso, debera ser anterior ao 1 de xaneiro do ano en que se solicita a praza.
- No caso de non estar empadroado/a no concello, pero algún/ha dos/as proxenitore/as do/a neno/a teña o seu posto de traballo no concello achegarase o certificado da empresa ou da institución correspondente.
- No caso de estar empadroado/a nun concello limítrofe, deberán presentar volante de convivencia do concello que proceda.
- A condición de familia monoparental acreditarase co libro de familia, copia da sentenza de separación, divorcio, nulidade ou medidas paterno-filiais.
Documentación xustificativa da situación económica e laboral:
- Última nómina ou no suposto de profesionais liberais ou autónomos último recibo de pagamento da cota da seguridade social ou certificado da mutualidade profesional
- Última declaración da renda de todos os membros da unidade familiar ou no seu defecto, certificado emitido pola delegación de facenda que avale a súa non presentación.
- No suposto de percibir pensión, certificado expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social ou da administración autonómica pagadora da mesma.
- No caso de nulidade matrimonial, separación ou divorcio considerarase a renda de quen exerza a garda e custodia do/a menor e as pensións compensatorias que perciba o cónxuxe que a ostente e de alimentos dos/as fillos/as o seu cargo. No caso de que nos as percibiren acreditarse esta circunstancia coa copia da reclamación xudicial presentada ao efecto.
Outros documentos acreditativos de todas aquelas situacións que, por baremo, sexan susceptíbeis de puntuación.
- Certificación expedida polo INEM acreditativa das prestacións percibidas de ser o caso ou de estar inscrito como demandante de emprego.
- Certificado expedido polo organismo competente sobre o grao de discapacidade e certificado médico de enfermidade ou deficiencia alegada polos membros da unidade familiar.
- Xustificante de haber quedado excluído das listas admitidos/excluídos do seu concello.
- Informe dos Servizos Sociais, nos supostos nos que sexa necesario por razón da especial situación socioeconómica ou socio-familiar.
- Documentación acreditativa de incidencias tales como: separación de feito de cónxuxe, abandono do fogar, certificación de convivencia e xustificante de calquera outra circunstancia socio-familiar alegada.
Prégase acompañar a documentación completa á hora de facer a solicitude ou renovación, dita documentación poderá presentarse a través do rexistro xeral do concello e da Sede electrónica sede@boqueixon.gal. Solicitar cita previa no Tlfno.: 981 513 106.