Este venres 18 de febreiro apenas modifica as estatísticas de seguimento da evolución da Covid-19 en Boqueixón. O número de casos diagnosticados nos últimos 7 días é de 23, un menos ca onte. No caso dos positivos a 14 días, a cifra é de 52, dous máis co xoves.
A nivel galego, as cifras baixan en medio milleiro de casos. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 32.823 deles 7.080 son da área da Coruña, 3.642 da de Lugo, 3.673 da de Ourense, 3.585 da de Pontevedra, 6.985 da área de Vigo, 5.753 da de Santiago e 1.705 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 552 en unidades de hospitalización e 32.239 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 447.128 persoas curadas, rexistrándose 3.067 falecementos.