Este xoves 17 de febreiro trouxo consigo unha boa nova: Boqueixón retoma a senda da baixada en casos positivos tanto nos últimos 7 como nos últimos 14 días. Así, actualmente hai 24 casos diagnosticados no municipio, mentres que a catorce días baixan a 54 casos.
Unha tendencia á baixa que continúa en Galicia. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 33.355 deles 7.284 son da área da Coruña, 3.611 da de Lugo, 3.707 da de Ourense, 3.732 da de Pontevedra, 7.025 da área de Vigo, 5.871 da de Santiago e 1.728 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 36 están en UCI, 562 en unidades de hospitalización e 32.757 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 444.235 persoas curadas, rexistrándose 3.061 falecementos.