Este venres 11 de febreiro apenas varía o número de casos diagnosticados en Boqueixón. Así, o número de positivos a 14 días mantense inalterable nos 70 casos, mentres que na incidencia a 7 días contamos con 29 positivos, un menos ca onte. Dende o Concello desexamos unha pronta e total recuperación de todas estas persoas.
A nivel galego, continúa o lento pero continuo descenso de casos positivos. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 48.835 deles 10.467 son da área da Coruña, 5.108 da de Lugo, 4.901 da de Ourense, 5.212 da de Pontevedra, 11.743 da área de Vigo, 8.771 da de Santiago e 2.328 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 44 están en UCI, 625 en unidades de hospitalización e 48.166 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 414.927 persoas curadas, rexistrándose 3.022 falecementos.
Lembra que dende onte xoves xa non é obrigatoria a máscara en espacios exteriores, salvo en medios de transporte ou eventos multitudinarios nos que non sexa posible manter a distancia de seguridade. Porén, segue sendo obrigatorio levala en espazos pechados de uso público e en vehículos privados no caso de que viaxen non conviventes.