Este xoves 10 de febreiro trouxo como boa nova a recuperación da tendencia á baixa no número de casos en Boqueixón, estancada nos últimos días. Así, a día de hoxe hai 30 positivos no municipio, aos que desexamos unha pronta e total recuperación. O número de casos diagnósticados a 14 días permanece estable: 70.
Galicia continúa coa súa continua baixada de casos, aínda que a menor velocidade. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 49.182 deles 10.738 son da área da Coruña, 5.030 da de Lugo, 4.894 da de Ourense, 5.267 da de Pontevedra, 11.834 da área de Vigo, 8.819 da de Santiago e 2.334 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 47 están en UCI, 635 en unidades de hospitalización e 48.500 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 410.907 persoas curadas, rexistrándose 3.015 falecementos.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus. Ademais, o Sergas ten a disposición da cidadanía a web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.