Este mércores 9 de febreiro apenas varía os datos da evolución da Covid en Boqueixón rexistrados a principios de semana. De feito, seguimos co mesmo número de positivos a 7 días: 36; e aumentamos en dous casos os positivos a 14 días: 70 de hoxe fronte aos 68 de onte.
Pola contra, a nivel Galicia celebramos a baixada por debaixo dos 50.000 casos despois de moitas semanas. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa de que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 49.376 deles 10.790 son da área da Coruña, 5.107 da de Lugo, 4.791 da de Ourense, 5.287 da de Pontevedra, 12.161 da área de Vigo, 8.895 da de Santiago e 2.345 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 48 están en UCI, 646 en unidades de hospitalización e 48.682 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 406.714 persoas curadas, rexistrándose 3.008 falecementos.
Lembramos que a partir de mañá xoves 10 de febreiro está permitido camiñar por exteriores sen a máscara posta, sempre que non haxa aglomeracións de xente. En interiores mantense a obriga de levala posta.